Novas

Convocada a edición do 2012 do Premio Juana de Vega de Arquitectura

  • Premiarase a vivenda unifamiliar rematada en Galicia o pasado ano que mellor reflicta a posta en valor da calidade paisaxística a través dunha boa integración da arquitectura na súa contorna.
  • Os traballos para participar neste galardón, o de maior dotación de Galicia das súas características, poderán presentarse na sede da Fundación Juana de Vega ou nas diferentes delegacións do Colexio de Arquitectos de Galicia antes do 31 de maio.

Oleiros, 23 de marzo de 2012.- A Fundación Juana de Vega ven de convocar o Premio Juana de Vega de Arquitectura 2012, no que se seleccionará a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación rematada en Galicia o pasado ano. O xurado valorará especialmente a capacidade da obra para converterse nunha referencia social que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen no medio urbano.

Este premio, que se enmarca dentro das actividades da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, ten por obxectivo apoiar a mellora da calidade paisaxística nos espazos non urbanos, caracterizados en Galicia por unha gran dispersión das vivendas. Así, a través deste certame, o de maior dotación económica dos que se conceden en Galicia destas características, premiase cada ano a proposta que mellor se integra na contorna, permitindo a incorporación de todo tipo de estilos e correntes arquitectónicas, desde as máis tradicionais ata as máis vangardistas, pero sempre ben integradas na paisaxe.

A esta novena convocatoria poderán concursar as vivendas unifamiliares rematadas en Galicia no ano 2011. A data límite da presentación dos proxectos realizados é do 31 de maio e os traballos poderán presentarse tanto na sede da Fundación Juana de Vega como nas diferentes delegacións territoriais do COAG. O importe da dotación do premio é de 6.000,00 euros e o xurado poderá conceder ademais dous accésits dotados con 1.500,00 euros cada un. O fallo do xurado terá lugar no mes de setembro e os traballos premiados difundiranse mediante a súa publicación.

O Xurado estará formado, nesta edición do 2012, polo decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte Vázquez; o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte; o arquitecto Gonzalo Byrne; o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, Fernando Agrasar Quiroga; o arquitecto Salvador Fraga Rivas; o secretario do Padroado do Museo do Pobo Galego, Manuel Caamaño Suárez, e o escritor Xavier Seoane.

Principio pagina

 

Máis

Ecosistema Urbano participará no Ciclo de Conferencias da Paisaxe da Escola Galega dá Paisaxe, actividade complementaria do Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega

Ler máis...

A Fundación Juana de Vega e o Instituto de Estudos do Territorio impulsan un novo estudo para mellorar o medio rural a través da integración paisaxística dos peches de terreos.

Ler mails...

Primeira "Xornada sobre Xardíns Verticais". Os vindeiros 31 de xaneiro e 1 de febreiro

Ler máis...

Primeira "Xornada sobre Raingardens". Os vindeiros 23 e 24 de xaneiro

Ler máis...

A Fundación Juana de Vega inicia a súa novena edición do Curso de Arquitectura da Paisaxe con especialistas de primeira liña internacional

Ler mails...

A USC abriu o prazo para realizar a preinscrición no "Mestrado en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega"

Ler mails...

A Fundación Juana de Vega colaborará coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no desenvolvemento da súa Estratexia de Paisaxe.

Ler máis...

A Xunta comeza o ano dedicado á paisaxe coa posta en marcha do programa "12 meses,12 paisaxes" nos centros educativos

Ler máis...

A Escola Galega da Paisaxe propoñerá actuacións ao concello de Arteixo destinadas a mellorar os seus recursos paisaxísticos e as súas áreas de lecer.

Ler máis...

Entrevista a Directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, pola súa reordenación no parque da Xunqueira en Vilagarcia de Arousa.

Ler máis...

Entrevista a Martha Schwartz, arquitecta da paisaxe

Ler máis...

Premio Juana de Vega de Arquitectura para Antonio Pernas Varela por unha vivenda situada en Bergondo

Ler máis...

Premio Nacional para unha alumna do Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega polo seu proxecto fin de carreira.

Ler máis...

Entrevista a Charles Waldheim, Director do departamento de Arquitectura da Paisaxe da Universidade de Harvard e ponente no VIII Curso de Arquitectura da Paisaxe.

Ler máis...

Expertos internacionais das universidades de Harvard e Lovaina participarán na oitava edición do curso de Arquitectura da Paisaxe da Escola Galega da Paisaxe

Ler máis...

Un máster achegará deseños para reformar a contorna do Anllóns

Ler máis...

Un territorio xeneroso capaz de ocultalo case todo

Ler máis...

A pedagoxía razoable dos apeiros mariñeiros, a rede viaria local e o viñedo do Sil

Ler máis...

Ben común e sustentabilidade, eixos do cambio de modelo urbanístico

Ler máis...

A Universidade da Coruña amplia o prazo de matrícula no Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega. O novo prazo comenza o 26 de setembro e remata o 4 de outubro

Ler máis...

As doce paisaxes de Galicia

Ler máis...

Curso "Enerxía Eólica en Galicia: o seu impacto no medio rural" do 18 ao 21 de xullo na Facultade de Ciencias Económicas y Empresariais da Universidade de Vigo

Ler máis...

Jordi Bellmunt impartirá a conferencia "Especies de Espacios Verdes" o mércores, 15 de xuño, ás 12 horas no Salón de Graos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Ler máis...

Entrevista a Tilman Latz, arquitecto da paisaxe que asesorou aos alumnos do Máster en Arquitectura da Paisaxe no seu traballo fin de Máster

Ler máis...

A Escola Galega da Paisaxe proxectará o vindeiro 12 de maio a película "O Eloxio da Distancia"

Ler máis...

Cinco mozos galegos seleccionados nun concurso internacional de paisaxismo

Ler máis...

A crise paraliza a edificación na costa e desvirtúa a súa protección

Ler máis...

A Escola Galega da Paisaxe colabora co Proxectoterra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia coa edición dun libro para sensibilizar aos escolares na importancia da paisaxe.

Ler máis...

O Goberno esixe que o plan do litoral aclare a primacía dos deslindes e a Lei de Costas

Ler máis...

Dous parques eólicos ameazan o Camiño Francés

Ler máis...

Gustafson Porter gañadores do concurso "Parque Central de Valencia"

Ler máis...

A nova ordenación impedirá as urbanizacións de vivendas fóra dos núcleos de poboación

Ler máis...

O plan do litoral abre 800 hectáreas ao ladrillo na área dos 500 metros

Ler máis...

Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende nº 92
C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros
A Coruña - España
Tlfo.: 981.65.46.37 Fax: 981.65.20.95